Guia docenteCurso
Facultad de Ciencias del Trabajo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ferrol)
 Asignaturas
  Contabilidade
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición, feita polo docente, dos conceptos básicos necesarios para que os estudantes poidan buscar solución aos problemas contables tratados no programa.
Discusión dirixida Preparación dos temas formulados polo profesorado da materia e participación na discusión dos mesmos na aula.
Obradoiro Traballo individual e en grupo, guiado polo profesorado da materia, para a resolución, presentación e discusión de exercicios e casos prácticos.
Prácticas a través de TIC Utilización de software de contabilidade para a teneduría de libros e a preparación de estados financeiros, uso da folla de cálculo para desenvolver a análise de estados financeiros e emprego de ferramentas de presentación para a defensa do traballo na aula.
Presentación oral Presentación na aula dun traballo realizado en equipo e segundo as orientación do docente da materia.
Foro virtual Utilización do foro de Moodle para propor dúbidas e/ou responder ás preguntas dos compañeiros sobre calquera aspecto relacionado ca materia, fundamentalmente, para a resolución dos casos prácticos.
Proba de resposta múltiple Durante o curso realizarase unha proba tipo test sen previo aviso.
Proba práctica Probas asociadas ao obradoiro e ás prácticas a través de TIC e deseñadas para avaliar o traballo realizado polos estudantes fóra da aula para resolver os exercícios e casos prácticos.
Proba obxectiva Exame final sobre aspectos teóricos e prácticos.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes