Guia docenteCurso
Facultad de Ciencias del Trabajo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ferrol)
 Asignaturas
  Contabilidade
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba práctica A31 B1 B4 B8 C3 Ao inicio de cada unha das sesións destinadas a discutir exercicios e casos prácticos, o docente presentará aos estudantes un pequeno exercicio, similar aos propostos para realizar fora da aula, que deberá ser resolto de xeito individual no tempo marcado polo docente. Estes exercicios recolleranse e de todos eles valoraranse catro, elixidos aleatoriamente ao rematar o cuadrimestre. 40
Presentación oral A13 B2 B8 B9 C1 Pedirase aos estudantes que presenten na aula un caso práctico que deberán resolver previamente e traballando en grupo. Na valoración deste caso práctico terase en conta o rigor na súa resolución, a presentación feita na aula e a resposta ás preguntas formuladas por profesorado e estudantes. 10
Proba de resposta múltiple A13 A18 B1 Durante o curso realizarase unha proba tipo test sen previo aviso. 10
Proba obxectiva A10 A18 A31 B1 B2 B3 B4 A fin de curso, no día e hora fixados polo centro, realizarase un exame dos contidos teóricos e prácticos. 40
 
Observacións avaliación

A metodoloxía proposta
persigue dous obxectivos básicos: i) incentivar ao alumnado para que traballe
de xeito continuado ao longo do curso e ii) fomentar a autonomía do estudante
no proceso de aprendizaxe. Con este fin, ao estudante pídeselle que:

a) Semanalmente realice
os exercicios e casos prácticos propostos polo profesorado da
materia. Recoméndase o traballo en equipo para discutir as posibles solucións. 

b) Prepare, en grupo e
seguindo as indicacións do docente da materia, un caso práctico para ser
presentado na aula na data marcada polo profesorado da materia. 

c) Prepare,
individualmente ou en grupo, as cuestións e exercicios propostos polo equipo
docente da materia para ser debatidos na aula e que participe activamente nas
discusións promovidos na clase así coma naquelas que xurdan no foro virtual.
Valorarase, tanto o rigor nos argumentos utilizados, consecuencia da súa
preparación previa, como a habilidade para presentar e defender o seu punto de
vista fronte ao dos seus compañeiros. Por esta vía (participación activa na
aula/foro) o estudante pode compensar con ata 1 punto a cualificación total
obtida ca avaliación continua, sen superar o máximo que corresponde a esta
avaliación (6 puntos). Deste xeito, o estudante que, por calquera razón, non
realice algunha das probas de avaliación continua (proba de resposta múltiple,
presentación oral ou probas prácticas) será cualificado con un cero nesa proba,
pero esa cualificación poderá ser substituida pola nota obtida ca súa
participación na clase. Isto é, dos sete elementos que se teñen en conta na
avaliación continua (proba intermedia, catro probas prácticas, caso práctico
presentado na aula e participación) elixiranse os seis que presenten as maiores
calificacións. 

A cualificación de non presentado aplicará cando o alumnado só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da nota acadada. 

Alumnos que se atopen en condicións de solicitar o réxime de estudos a tempo parcial. Seguirán o mesmo sistema de avaliación coa salvidade das probas prácticas (40%), que serán substituídas pola entrega e presentación oral de dous traballos encamiñados a avaliar as competencias e contidos propios da materia (valorarase o rigor na súa resolución, a presentación feita na aula e a resposta ás preguntas formuladas). Acordarase ao inicio do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación, motivo polo cal dito alumnado deberá porse en contacto coa profesora da materia antes do 30 de setembro. 

Avaliación da oportunidade
de xullo.
Esta debe realizarse cos
mesmos criterios que os utilizados na avaliación do primeiro cuadrimestre.

Por último, no caso de que
ao estudante se lle conceda unha oportunidade de "avaliación adiantada",
e só nese caso, realizarase unha proba mixta encamiñada a avaliar todas
as competencias e contidos propios da materia. Esta proba será en parte ou na
súa totalidade oral. A valoración desta proba mixta representará o 100% da
cualificación na acta.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes