Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Traballo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ferrol)
 Asignaturas
  Prácticas de Dereito do Traballo e da Seguridade Social
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas O alumno deberá presentar unha breve recesión sobre algunha das lecturas recomendadas polo profesor e defendela na data fixada.
Proba obxectiva Proba escrita u oral utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.
A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación, ou mediante casos prácticos. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas
Sesión maxistral Asistencia a clase.
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Obradoiro Realizaranse exercicios de cada tema. A aplicación deste método implica a formulación dunha ou varias cuestións que o alumno deberá desenvolver. O alumno debe haber traballado o suficiente para haber adquirido unhas destrezas prácticas que lle permitan exponer, transmitir e defender os efectos derivados do proceso de aprendizaxe.
Portafolios do alumno É unha carpeta ou arquivador que contén -debidamente identificados- os rexistros ou materiais producto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno nun período de tempo, cos comentarios e calificacións asignadas polo profesor, o que permite visualizar o progreso do alumno. O portafolio ou carpeta -a efectos desta asignatura- inclúe todos os documentos ou arquivos que deban ser entregados polo alumno para a súa puntuación como "traballos" ou "prácticas" xa consistan en traballos de investigación, análise de casos, resúmenes, probas escritas, autoevaluacións, tarefas desarrolladas, etc.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes