Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Traballo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ferrol)
 Asignaturas
  Relacións Laborais no ámbito Naval e Marítimo-Pesqueiro
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 A2 A3 Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.

A proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír cun só tipo dalgunha destas preguntas.
60
Portafolios do alumno A13 A14 A33 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B9 C3 A valoración do conxunto de prácticas e traballos realizados polo alumno permite evaluar o progreso dos coñecementos obtidos e o traballo que o alumno realiza sen presenza da persoa encargada da docencia, especialmente en orden á sua aplicación na práctica. 40
 
Observacións avaliación

1º) A puntuación total da asignatura comprende dúas partes : a proba obxectiva que representa o 60% da nota , e o conxunto de prácticas realizadas durante o curso ,que comprenderá o 40% restante. A entrega das prácticas para a súa valoración polo profesor só poderá realizarse na plataforma Moodle e dentro do plazo indicado en cada caso polo profesor. Asimesmo lémbrase ós alumnos que a asistencia ás clases é obrigatoria de modo que só podrán valorarse ás prácticas dos alumnos que asistan ás clases o, no seu caso, conten coa correspondente dispensa do profesor . Para elo é preciso comunicalo con antelación e aportar o correspondente xustificante da causa que impida a asistencia ás clases. (A dispensa non eximirá da entrega das prácticas dentro do prazo asignado).

2º) En calquera caso o alumno terá a posibilidade de presentarse exclusivamente á proba obxectiva final, na data que aprobe a Xunta de Centro, na que terá que responder a un cuestionario teórico práctico (preguntas de teoría e exercicios). A valoración neste caso da proba final será de 10 puntos.A opción por una proba obxectiva final deberá ser comunicada ó profesor da materia con suficiente antelación. 

3º) Na convocatoria de Xullo o 100% da nota obterase mediante a realización dunha proba obxectiva que podrá valorar tanto os  coñecementos  teóricos como prácticos dos alumnos. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes