Guía DocenteCurso
Escola Universitaria Politécnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Informática Industrial e Robótica
 Asignaturas
  Aplicacións de Robótica Autónoma
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Aplicacións de Robótica Autónoma Código 770538015
Titulación
Máster Universitario en Informática Industrial e Robótica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Enxeñaría Naval e Industrial
Matemáticas
Coordinación
Bellas Bouza, Francisco Javier
Correo electrónico
francisco.bellas@udc.es
Profesorado
Bellas Bouza, Francisco Javier
Deibe Díaz, Álvaro
Orjales Saavedra, Félix
Prieto Garcia, Abraham
Correo electrónico
francisco.bellas@udc.es
alvaro.deibe@udc.es
felix.orjales@udc.es
abraham.prieto@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo desta materia é proporcionar aos alumnos unha visión actualizada dos principais campos de aplicación dos robots autónomos a nivel técnico, lexislativo e ético. Con esta base teórica, os alumnos adquirirán unha visión actualizada dos diferentes aspectos a considerar cando se afronta a implantación de robots en diferentes ámbitos da industria e a sociedade. A nivel práctico, estudaranse con detemento dous campos de maneira particular: a robótica mariña e a robótica aérea.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos - Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías Metodoloxías docentes que se manteñen - Traballos tutelados - Proba obxectiva Metodoloxías docentes que se modifican - Presentación oral: realízase a través de Microsoft Teams ou aplicación institucional equivalente - Taller: realízanse a través de Microsoft Teams ou aplicación institucional equivalente, utilizando as ferramentas software adecuadas que lles proporcionará aos estudantes - Sesión maxistral: realízanse a través de Microsoft Teams ou aplicación institucional equivalente, deixando ademais aos alumnos o seu contido en formato vídeo para a súa posterior visualización - Saídas de campo: esta metodoloxía elimínase 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. – Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado, que disponde Foros nos que pode expor dúbidas de forma xeral ao resto do grupo. – Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos talleres na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da Escola. Ademais, utilizarase esta ferramenta para a resolución de dúbidas personalizadas co alumnado, preferentemente en horas de titorías. Este contacto poderá ser mediante chat ou chamada, o que resulte máis adecuado para resolver a consulta. 4. Modificacines na avaliación - A única modificación será que o valor das saídas de campo (10%), pasarase aos traballos tutelados, que pasarán a valer un 60%. Estes cambios afectan á primeira e á segunda oportunidade. Observacións de avaliación: - Matense o peso da proba obxectiva, que se realiza igualmente de xeito online nos minutos finais de cada clase de teoría mediante TEAMS. Neste caso, a ligazón ao cuestionario proporciónase na reunión de Teams na que leva a cabo a clase maxistral. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía - Non se realizarán cambios
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes