Guía DocenteCurso
Escola Universitaria Politécnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
 Asignaturas
  Alxebra
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba práctica A6 B1 Formularanse cuestións prácticas nas que o estudante buscará a solución a un determinado problema. 30
Proba mixta A6 B1 B4 C1 Correspóndese co exame oficial. É unha proba coa que se pretende medir o nivel de coñecemento da materia por parte de cada estudante. Pode abranguer cuestións test, resolución de problemas que impliquen unha estratexia de actuación ou cuestións teóricas. 55
Prácticas de laboratorio A6 B4 B6 Os estudantes deben coñecer o funcionamento dun programa informático que axude a resolver mecánicamente problemas previamente plantexados. 15
 
Observacións avaliación

A avaliación realizase ao longo do curso e nos exames oficiais.
Probas de avaliación continua. Realizaranse dúas. A primeira dos contidos do tema I.Xeometría, e a segunda dos contidos do tema II.Álxebra. Cada una delas avalíase cunha nota comprendida entre 0 e 10 puntos. A estas notas as denominamos NAC1 e NAC2.
Prácticas de laboratorio. Os contidos das prácticas avaliaranse cunha proba práctica, na que os estudantes poden usar o material docente publicado en moodle. A nota desta proba, comprendida entre 0 e 10 puntos, a denominamos NL.

O exame oficial da primeira oportunidade abarca todos os contidos da materia. Avaliarase cunha nota NPO comprendida entre 0 e 10 puntos.
Para superar a materia na primeira oportunidade deben cumprirse as dúas seguintes condicións:

(i) 0.15xNL+0.2xNAC1+0.1xNAC2+0.55xNPO sexa maior ou igual a 5,
(ii) cada unha das notas NAC1, NAC2 e NPO será maior ou igual a 3.

Se se cumpren as dúas condicións, a nota da acta será: 0.15xNL+0.2xNAC1+0.1xNAC2+0.55xNPO
Se se cumpre a condición (i) pero non a (ii), a nota da acta será: mínimo{0.15xNL+0.2xNAC1+0.1xNAC2+0.55xNPO, 4.9} .

O exame oficial da segunda oportunidade abarca todos os contidos da materia. Avaliarase cunha nota NSO comprendida entre 0 e 10 puntos.

Na seguda oportunidade o alumnado pode elixir entre conservar ou non as notas NAC1 e NAC2 de avaliación continua. A nota da acta calcúlase do seguinte xeito:

Renuncia ás notas NAC1 e NAC2. A nota da acta será: 0.15xNL+0.85xNSO.

Cosérvanse notas NAC1 e NAC2. A nota da acta será: 0.15xNL+0.2xNAC1+0.1xNAC2+0.55xNSO.

Para superar a materia na segunda oportunidade deben cumprirse as dúas seguintes condicións:

(i) 0.15xNL+0.2xNAC1+0.1xNAC2+0.55xNSO sexa maior ou igual a 5,
(ii) cada unha das notas NAC1, NAC2 e NSO será maior ou igual a 3.


En todas as probas terase en conta as competencias escritas do estudantado.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes