Guía DocenteCurso
Escola Universitaria Politécnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
 Asignaturas
  Fisíca II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio B2 B4 B6 C2 C5 Valorarase a comprensión do traballo de laboratorio 30
Solución de problemas A7 B1 B4 B6 C2 C5 Como parte da avaliación continua, realizaranse ao longo do curso tres probas de solución de problemas. Cada unha estará relacionada con diferentes contidos da materia e puntuará un 10%. Estes problemas serán resoltos individualmente polos alumnos e avaliados polo profesor 30
Proba obxectiva A7 B1 C1 C3 C7 Coincidindo coas oportunidades oficiais realizarase unha proba obxectiva escrita sobre os contidos da materia 40
 
Observacións avaliación

A realización das prácticas de laboratorio é obrigatoria. Con
todo, os alumnos que xa estiveran matriculados anteriormente na asignatura e que superasen as prácticas nos dous cursos
anteriores ao actual, poderán optar entre realizalas novamente e ser avaliadas,
ou non realizalas e conservar a puntuación obtida.

A cualificación de "non presentado" figuraralles a
aqueles alumnos que non se presentasen á proba obxectiva e ademais non
alcanzasen a puntuación mínima de 5 puntos no resto de metodoloxías avaliadas.

Os criterios de avaliación para a segunda oportunidade son os
seguintes: manterase a puntuación obtida nas prácticas de laboratorio, supondo
igualmente o 30 % da cualificación, mentres que o 70 % restante corresponderá á
proba obxectiva.

Para os alumnos con recoñecemento a tempo parcial e dispensa
académica con exención de asistencia teranse en conta as metodoloxías máis
idóneas para as necesidades específicas que requira cada alumno.

Sempre que se teña que utilizar papel empregarase papel reciclado e realizaranse impresións a dobre cara.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes