Guía DocenteCurso
Escola Universitaria Politécnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
 Asignaturas
  Organización de empresas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A2 A22 B4 C2 Prácticas no ordenador que se realizarán na aula o fora de ela e que requiran a súa entrega dentro dun prazo 15
Proba mixta A2 A22 Realizarase un exame parcial que aprobado liberará materia para o exame final e que valorará tanto a parte práctica como a teórica. 70
Solución de problemas A22 B4 B11 Resolución de problemas prácticos ou simulaciones de procesos, que poderán entregarse en clase ou se requirirá a súa realización polo alumno fóra das aulas. 10
Saídas de campo A22 Visita a unha ou varias empresas, das cales plantearase un traballo. 5
 
Observacións avaliación

A mediados do curso realizarase un exame parcial que aprobado liberará materia para o exame final.

Para superar a materia é CONDICIÓN NECESARIA superar todas as partes das recollidas na táboa, sen que ningunha das notas sexa inferior a 4 (nota mínima para compensar) e ter unha nota media igual ou superior a 5. Nos casos en que a nota media sexa igual ou superior a 5 pero nalgunha das partes non se alcance o valor mínimo de 4, a calificación final será de suspenso.

As notas dos traballos e do exame parcial gardarase ata a 2º oportunidade (xullo). En segunda
oportunidade sólo poderase recuperar a proba mixta, no pudiéndose recuperar o resto de metodoloxías da táboa anterior.

Durante o curso confirmarase se leva a cabo a visita á empresa ou no seu caso asistirase a algún evento científico, en calquera dos dous, requirirase a realización dun traballo.

O "alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia" comunicará o inicio do curso a súa situación á profesora da materia, según establece a normativa da UDC. No caso de que este
alumnado non poida asistir á visita á empresa plantexada, a profesora
planteará un traballo alternativo.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes