Guía DocenteCurso
Escola Universitaria Politécnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
 Asignaturas
  Traballo Fin de Grao
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 A36 B1 B2 B4 B5 C1 C2 C5 C6 C7 A defensa do TFG será realizada polo alumno oralmente e perante un tribunal constituido para o efecto, durante un tempo máximo de 20 minutos.

A exposición será un acto público e o alumno contestará a cantas preguntas e aclaracións estimaren convenientes o membros presentes do tribunal.

O tribunal estará constituido da seguinte forma:

Presidente, secretario e un vogal elixidos entre o profesorado da titulación afin ao tema que for obxecto do TFG.

Ao mesmo tempo que o alumno entrega o TFG, o titor ha de entregar o informe, no que se valora a dedicación do alumno, o contido técnico, a realización e orixinalidade do proxecto, así como a edición e presentación da documentación.

O tribunal cualificará a edición e presentación da memoria, o traballo realizado, a orixinalidade, a defensa e presentación oral, o contido técnico e/ou tecnolóxico, a realización e/ou materialización do TFG e a aplicación tecnolóxica.
100
 
Observacións avaliación
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes