Guía DocenteCurso
Escola Universitaria Politécnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
 Asignaturas
  BIM e Edificios Intelixentes
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A9 A34 B4 B5 B6 C2 Realización de prácticas de laboratorio na medida do posible.

Na parte da materia relativa a BIM as prácticas realizaranse en aula informática, co programa REVIT.
55
Proba mixta A9 A34 B5 B6 C2 Exame con parte de test e preguntas de desenvolvemento 25
Traballos tutelados A9 A34 B4 B5 B6 C2 C5 Realización de traballos individuais. 20
 
Observacións avaliación

Debido a que a materia está dividida en dous grandes bloques diferentes (BIM e Edificios Intelixentes), o alumno deberá aprobar cada parte para superar a materia. A nota de BIM resultará da cualificación das prácticas correspondentes ao tres primeiros temas do contido da materia, mentres que a avaliación de Edificios Intelixentes incluirá un traballo, prácticas e unha proba mixta.


Os alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212)", serán avaliados da mesma forma, permitindo unha semana máis de marxe nas entregas de tarefas.
EDIFICIOS INTELIXENTES: Para a segunda oportunidade non haberá un segundo prazo de entrega de traballos, e a avaliación farase de maneira similar á da primeira oportunidade.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes