Guía DocenteCurso
Escola Universitaria Politécnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
 Asignaturas
  Big Data e Análise de Datos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A3 A4 A10 A33 B1 B5 B6 C2 C5 Nas sesions maxistrais e nas prácticas de laboratorio plantearanse diferentes problemas prácticos de maior complexidade para a sua resolución como traballo independente polo alumno, tanto de forma individual uns coma colectiva outros. Nesta resolución vaise fomentar a participación do alumno como ferramenta de autoaprendizaxe valorando o seu esforzo e os seus resultados cara á valoración final da asignatura. A sua realización e presentación en prazo de forma correcta diante do profesor será obligatoria para poder aprobar a asignatura, sendo evaluable ata un máximo dun 80% da nota final. 80
Prácticas de laboratorio A1 A3 A4 A10 A33 B1 B5 B6 C2 C5 Estudo e utilización dun entorno de traballo que permita a resolución de diferentes problemas de enxeñaría mediante solucións informáticas. A sua realización e presentación en prazo de forma correcta diante do profesor será obligatoria para poder aprobar a asignatura, sendo evaluable ata un máximo dun 20% da nota final. 20
 
Observacións avaliación

Os alumnos con dispensa académica, ao non ter obrigacion de asistir
ás actividades nas que se poida esixir presencialidade, terán que
presentar e defender igualmente os traballos e prácticas obrigatorias
diante do profesor en tutorias presenciais ou virtuais, nos mesmos
prazos que o resto dos alumnos.

A calificación de todos os alumnos, tanto na primeira coma na
segunda oportunidade, basearase na necesidade de obter polo menos
unha nota mínima de 5 puntos na evaluacion continua e ter
presentado e defendido correctamente e en prazo diante do profesor todalas prácticas
e/ou traballos obrigatorios para poder aprobar a asignatura.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes