Guía DocenteCurso
Escola Universitaria Politécnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Eléctrica
 Asignaturas
  Cálculo
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A6 A6 B1 B6 Cada estudiante debe resolver exercicios coa axuda dun programa informático. 15
Proba mixta A6 A6 B1 B4 C5 C3 Correspóndese co exame oficial. É unha proba coa que se pretende medir o nivel de coñecemento da materia por parte de cada estudante. Pode abranguer cuestións test, resolución de problemas que impliquen unha estratexia de actuación ou cuestións teóricas. 55
Proba práctica A6 B1 Formularanse cuestións prácticas nas que o estudante buscará a solución a un determinado problema. 30
 
Observacións avaliación

A asistencia ás clases non forma parte da avaliación.




Probas de avaliación continua. Realizaranse tres. A primeira dos contidos dos temas 1 e 2, a segunda dos contidos dos temas 3 e 4, e a terceira dos contidos dos temas
5 e 6. Cada una delas avalíase cunha nota comprendida entre 0 e 10
puntos. A estas notas as denominamos NEC1, NEC2 e NEC3.

Prácticas de laboratorio. Avaliaranse
cunha proba, na que os estudiantes poden usar o material docente da
materia publicado no Campus Virtual da UDC. A nota desta proba, comprendida
entre 0 e 10 puntos, a denominamos NL. As datas estimadas das probas
son:



O exame oficial de cada oportunidade abarca todos os temas da materia. Avaliarase cunha nota NPO ou NSO comprendida entre 0 e 10 puntos.

En cada oportunidade o alumnado pode elixir entre conservar ou
renunciar ás notas NEC1, NEC2 e NEC3 de avaliación continua. A nota da
acta calcularase do seguinte xeito:

• Conservanse as notas de avaliación continua. A nota da acta será:

0.15×NL+0.1×(NEC1+NEC2+ NEC3)+0.55×NPO na primeira oportunidade

0.15×NL+0.1×(NEC1+NEC2+ NEC3)+0.55×NSO na segunda oportunidade.




• Renuncia ás notas de avaliación continua. A nota da acta será:

0.15×NL+0.85×NPO na primera oportunidade,

0.15×NL+0.85×NSO na segunda oportunidade.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes