Teaching GuideTerm
Polytechnic University Collage
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Eléctrica
 Subjects
  Informática
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Problem solving B1 B5 C3 Resolución de exercicios de programación de forma individual. En concreto realizaranse tres probas deste tipo durante o curso. As dúas primeiras serán probas que se farán nas aulas de informática do centro e nas que se empregará o computador para resolver exercicios de programación, mentres que a terceira consistirá na implementación dun programa de forma autónoma polo alumno (práctica de programación). Será imprescindible entregar os exercicios en tempo e forma seguindo as pautas específicas do enunciado publicado en cada caso. Tamén será obrigatoria a asistencia a unha sesión presencial para a práctica realizada de forma autónoma polo alumno, que consistirá na revisión do exercicio entregado na cal realizaranse preguntas ao alumno sobre o mesmo. A non asistencia a esta sesión de revisión terá o mesmo efecto que se non se entregase.

Criterios de avaliación xerais:

* Adecuación dos exercicios entregado ás pautas expostas no enunciado.
* Calidade e eficiencia da solución exposta polo alumno.
* Respostas axeitadas ás preguntas realizadas polo profesor na sesión de revisión da práctica.

Nomenclatura empregrada na sección de observacións para esta actividade:
P2: nota obtida na primeira proba de resolución de exercicios na aula (8% da nota final).
P3: nota obtida na segunda proba de resolución de exercicios na aula (8% da nota final).
P4: nota obtida na práctica autónoma de programación (8% da nota final).
24
Laboratory practice B1 B5 C3 Consistirá na recompilación de todos os exercicios de programación realizados nas prácticas de laboratorio durante o curso. Estos exercicios deberán realizarse no tempo asignado ás clases prácticas, no laboratorio de informática, e entregarse ao final das mesmas. Durante a realización destes exercicios, o alumno pode expor dúbidas ao profesor ou consultar os materiais que estime oportuno. Xa que logo, esta actividade avaliará o traballo diario do alumno nas clases prácticas.

Criterios de avaliación xerais:
* Traballo e esforzo realizado polo alumno durante as clases.
* Adecuación das solucións realizadas a cada exercicio.

Nomenclatura empregrada na sección de observacións para esta actividade:
P1: nota obtida nos exercicios realizados nas clases prácticas de laboratorio (6% da nota final).
6
Mixed objective/subjective test A10 B1 Proba final da materia que consistirá na realización dun exame individual e por escrito. Esta proba terá unha parte de teoría e outra de programación nas cales o alumno terá que contestar preguntas e resolver diversos exercicios de programación.

Criterios de avaliación xerais:
* Respostas correctas e soluciones axeitadas ás preguntas e exercicios da proba.

Nomenclatura empregrada na sección de observacións para esta actividade:
T2: nota obtida na parte de teoria desta proba (30% da nota final).
P5: nota obtida na parte de programación desta proba (30% da nota final).
60
Supervised projects B6 C3 Traballo autónomo en grupos reducidos. Será necesario entregar os materiais (documento e presentación) en tempo e forma seguindo as indicacións do seu enunciado. Ademais, requirirá a exposición oral por parte de todos os integrantes do grupo do traballo empregando para iso a presentación entregada. Terase en conta para a avaliación desta actividade a memoria e a presentación entregada así como as contestacións ás preguntas do profesor durante a presentación obligatoria. A non realización da presentación suporá unha nota de cero nesta actividade.

Criterios de avaliación xerais:
* Claridade, extensión e calidade da memoria do traballo.
* Claridade e calidade da exposición oral do traballo.
* Dominio do tema e adecuación das contestacións do alumno ás preguntas do profesor na sesión de exposición.
* Asistencia e aproveitamento das tutorías de seguimento.

Nomenclatura empregrada na sección de observacións para esta actividade:
T1: nota obtida no traballo tutelado (10% da nota final).
10
 
Assessment comments

Para poder aprobar a materia o estudante deberá cumprir os seguintes requisitos (puntuación entre 0 e 10 en todas as actividades):

1) Acadar o 50% da nota máxima posible ao calcular a suma ponderada das actividades de teoría, isto é, que a suma 0,1×T1 + 0,3×T2 sexa maior o igual a 2.

2) Acadar o 50% da nota máxima posible ao calcular a suma ponderada das actividades de programación, isto é, que a suma 0,06×P1 + 0,08×P2 + 0,08×P3 +0,08×P4 + 0,3×P5 sexa maior ou igual que 3.

3) Que a nota da parte de teoría no exame final (T2) sexa maior ou igual a 4.

4) Que a nota da parte de programación no exame final (P5) sexa maior ou igual a 3,5.

Si non se cumpren cos todos os requisitos anteriores a cualificación será de suspenso e a nota númerica máxima que se obterá, na oportunidade
correspondente, será de 4,5 puntos. Si cúmprense os requisitos esixidos, a nota final calcularase da seguinte forma:

NOTA FINAL = 0,1×T1 + 0,3×T2 + 0,06×P1 + 0,08×P2 + 0,08×P3 + 0,08×P4 + 0,3×P5 .

A asistencia a todas as clases presenciais de prácticas é obrigatoria (excepto os alumnos con matrícula parcial). A non asistencia a algunha clase, sen unha causa debidamente xustificada (médica, xudicial, laboral, etc.), suporá a non superación da materia.

Notas sobre as actividades:

- Se durante a revisión de algunha actividade detéctase que o alumno copiou o exercicio ou, por mor das preguntas expostas, hai dúbidas sobre a autoría do mesmo suspenderase a actividade obtendo a nota mínima posible.

- Todas
as actividades terán unha única oportunidade para a súa entrega durante
o curso académico, salvo a proba final (formada por as actividades T2 y P5) que terá as dúas oportunidades
oficiais de exame.

Nota sobre a avaliación dos estudantes do Plan 2010 (en proceso de extinción): os alumnos matriculados na materia en proceso de extinción deberán de seguir o mesmo método de avaliación que o resto de estudantes salvo que explicitamente soliciten renunciar a el. Neste último caso o sistema de avaliación consistirá unicamente na proba final (proba mixta composta por T2 e P5) e a nota final calcularase neste caso como 0,4×T2   0,6×P5. Para superar a materia a nota final terá que ser maior ou igual que 5 puntos (sobre 10).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes