Guía DocenteCurso
Escola Universitaria Politécnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Eléctrica
 Asignaturas
  Física I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A7 B2 B4 B6 C3 C4 C8 Son obrigatorias. Valorarase o traballo realizado no laboratorio e o informe presentado e outros trabalhos afins propostos. Se fará sesión presenciais e online. 20
Proba obxectiva B1 B2 B6 C1 C4 C6 Se darán duas probas obxectivas. A primeira en novembro dos temas 1-4. A segunda en Xaneiro dos temas 5-8.
Cada proba terá unha calificación do 30% sobre 100%
60
Proba de resposta múltiple A7 B1 B4 C3 C6 Propoñerase test ao alumnado que abarcará os conceptos teóricos da materia que o alumno/a deberá resolver nas clases de teoría. 20
 
Observacións avaliación

Alumnos/as de novo ingreso:

Para que un/a alumno/a poda ser avaliado/a, débese ter en conta que a asistencia á clase é obrigatoria. Os casos excepcionais poden ser contemplados a ser documentados. 

As prácticas de laboratorio son obrigatorias, de xeito que un/a alumno/a que non as realizou, non ten opción a superar a materia. 

Deberá obter unha calificación dun 50% en cada unha das probas obxectivas e do total das probas de resposta múltiple.

Os/as alumnos/as con calificacións de "non presentado" son aqueles/as que non se presentaron á proba obxectiva.

Alumnos/as co dedicación a tempo parcial:

Os criterios e actividades de avaliación para a primeira oportunidade dependerá da cantidade de dedicación a este a tempo parcial. Os/as estudantes, que por razóns xustificadas (emprego, enfermidade, ...) non efectúnen a avaliación continua, a proba obxectiva escrita supón o 80% da puntuación. O 20% restante corresponden á puntuación dos laboratorios, que son obrigatorios. Un/a alumno/a que non as realizou, non ten opción a superar a materia. 

Alumnos/as repetidores:

Os/as alumnos/as repetidores que faceron as prácticas e a presentación no curso académico anterior, podrán renunciar por escrito a cácelas de novo e optar a mantel a puntuación, que supera un 20% da calificación da materia.

Segunda Oportunidade:

A proba objetiva abarcará todo o temario (Temas 1-8) e computará un 60% da avaliación. O/A estudiante poder recuperar a calificación da primera proba, da segunda ou de ambas.

Se manteñen as calificación obtidas para as probas de resposta múltiple e prácticas.

En xeral, a entrega de traballos documentais escritos se levará a cabo preferentemente en formato virtual e/ou soporte informático. De non ser posible, usarase preferentemente papel reciclado, impresóns a dobre cara e se evitarán impresións de borradores e o uso de plásticos. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes