Guía DocenteCurso
Escola Universitaria Politécnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Eléctrica
 Asignaturas
  Química
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas B7 B1 Resolución dos boletíns de exercicios, cuestionarios e capacidade para explicalos na aula. 20
Prácticas de laboratorio A8 B4 B6 B7 C3 Realización de cada unha das prácticas, entrega do informe e capacidade para traballar de forma colaborativa.
10
Traballos tutelados B2 B7 C3 Realización e exposición na aula de actividades dirixidas.
Realización dunha actividade e avaliación mediante unha proba obxectiva.

10
Proba obxectiva A8 B1 Aproximadamente na metade do cuadrimestre realizarase un 1er exame parcial (teoría e problemas) eliminatorio correspondente á materia impartida ata ese momento. Ao finalizar o cuadrimestre realizarase un 2º exame parcial (teoría e problemas) para os estudantes que superasen o 1er parcial e un exame global da materia (teoría e problemas) para os estudantes que non se tivesen presentado ou non tivesen aprobado o 1er exame parcial.
Cada exame constará de dúas partes independentes, sendo necesario obter unha nota mínima en cada unha delas para compensalas:
- teoría, puntuación máxima 3 puntos, puntuación mínima para compensar 1,25 puntos.
- problemas, puntuación máxima 3 puntos, puntuación mínima para compensar 1,25 punto.
60
 
Observacións avaliación

Os estudantes para ser avaliados terán que realizar como mínino o 75% das clases prácticas de laboratorio.

Para poder sumar os puntos das distintas actividades á nota do exame haberá que alcanzar en este un mínimo de 2,5 puntos.

Para a avaliación da segunda oportunidade pódense realizar as mesmas actividades de avaliación continua que durante o curso excepto as prácticas de laboratorio e no seu lugar poderanse realizar cuestionarios vía Moodle.

O estudante con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia será avaliado mediante a cualificación obtida no exame final (80%) e a realización de traballos tutorizados (20%).

Para aqueles estudantes do Plan do 2010, que de forma explícita,
renuncien á avaliación continua serán avaliados mediante a cualificación
obtida no exame final (100%) .

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes