Guía DocenteCurso
Escola Universitaria Politécnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Eléctrica
 Asignaturas
  Alxebra
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba práctica A6 B1 Formularanse cuestións prácticas nas que o estudante buscará a solución a un determinado problema. 30
Prácticas de laboratorio A6 B4 B6 Os estudantes deben coñecer o funcionamento dun programa informático que axude a resolver mecánicamente problemas previamente plantexados. 15
Proba mixta A6 B1 B4 C1 Correspóndese co exame oficial. É unha proba coa que se pretende medir o nivel de coñecemento da materia por parte de cada estudante. Pode abranguer cuestións test, resolución de problemas que impliquen unha estratexia de actuación ou cuestións teóricas. 55
 
Observacións avaliación

A avaliación realizase ao longo do curso e nos examens oficiais.


Probas de avaliación continua. Realizaranse dúas. A primeira dos
contidos do tema I.Xeometría, e a segunda dos contidos do tema
II.Álxebra. Cada una delas avalíase cunha nota comprendida entre 0 e 10
puntos. A estas notas as denominamos NAC1 e NAC2.


Prácticas de laboratorio. Os contidos das prácticas avaliaranse cunha
proba práctica, na que os estudantes poden usar o material docente
publicado en moodle. A nota desta proba, comprendida entre 0 e 10
puntos, a denominamos NL. O exame oficial da primeira oportunidade abarca todos os contidos da materia. Avaliarase cunha nota NPO comprendida entre 0 e 10 puntos.

Para superar a materia na primeira oportunidade deben cumprirse as dúas seguintes condicións:

(i) 0.15xNL+0.2xNAC1+0.1xNAC2+0.55xNPO sexa maior ou igual a 5,

(ii) cada unha das notas NAC1, NAC2 e NPO será maior ou igual a 3. Se se cumpren as dúas condicións, a nota da acta será: 0.15xNL+0.2xNAC1+0.1xNAC2+0.55xNPO

Se se cumpre a condición (i) pero non a (ii), a nota da acta será: mínimo{0.15xNL+0.2xNAC1+0.1xNAC2+0.55xNPO, 4.9} .


O exame oficial da segunda oportunidade abarca todos os contidos da
materia. Avaliarase cunha nota NSO comprendida entre 0 e 10 puntos.

Na
seguda oportunidade o alumnado pode elixir entre conservas ou non as
notas NAC1 e NAC2 de avaliación continua. A nota da acta calcúlase do
seguinte xeito:

Renuncia ás notas NAC1 e NAC2. A nota da acta será: 0.15xNL+0.85xNSO.

Cosérvanse notas NAC1 e NAC2. A nota da acta será: 0.15xNL+0.2xNAC1+0.1xNAC2+0.55xNSO.

Para superar a materia na segunda oportunidade deben cumprirse as dúas seguintes condicións:

(i) 0.15xNL+0.2xNAC1+0.1xNAC2+0.55xNSO sexa maior ou igual a 5,

(ii) cada unha das notas NAC1, NAC2 e NSO será maior ou igual a 3.


En todas as probas terase en conta as competencias escritas do estudantado.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes