Guía DocenteCurso
Escola Universitaria Politécnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Eléctrica
 Asignaturas
  Fisíca II
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Fisíca II Código 770G02007
Titulación
Grao en Enxeñaría Eléctrica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Física e Ciencias da Terra
Coordinación
Rico Varela, Maite
Correo electrónico
maite.rico@udc.es
Profesorado
Barral Losada, Luis Fernando
Rico Varela, Maite
Correo electrónico
luis.barral@udc.es
maite.rico@udc.es
Web
Descrición xeral Na asignatura estudiaranse os conceptos básicos sobre as leis xerais da termodinámica e electromagnetismo e a súa aplicación para resolver problemas.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen -Sesión maxistral (adaptándoa á modalidade on-line) -Solución de problemas (adaptándoa á modalidade on-line) -Proba obxectiva (on-line) *Metodoloxías docentes que se modifican -Prácticas de laboratorio (as prácticas no laboratorio serán substituídas por uns cuestionarios relacionados coas prácticas de laboratorio para a súa resolución) -A docencia de teoría (Docencia expositiva) prevista como Presencial, pasarase a Non Presencial no caso de que o número de alumnos matriculados na materia non permita garantir as medidas recollidas no Plan de Prevención do Centro. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado -Correo electrónico: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. De uso para facer consultas, resolver dubidas e solicitar titorías virtuais. -Moodle: Semanalmente. Dáselles aos alumnos unha guía da materia a estudar na devandita semana. Dita guía consta de diapositivas detalladas da materia e un boletín de problemas. A solución dos problemas darase á semana seguinte. -Teams: Está previsto, en función do desenvolvemento do curso, a utilización de Teams nalgunha franxa horaria para algunhas sesións de discusión de contidos e resolución de dúbidas. 4. Modificacións na avaliación -Solución de problemas (30%): están previstas tres probas de solución de problemas. Aquelas que non se realizaron presencialmente, realizaranse virtualmente a través de Moodle. -Prácticas de laboratorio (30%): as practicas que non se realizaron no laboratorio serán substituídas pola resolución de cuestionarios baseados nas prácticas. -Proba obxectiva (40%): a proba obxectiva será realizada on-line a través do Moodle *Observacións de avaliación: Mantéñense as mesmas observacións que figuran na guía docente, tendo en conta o seguinte: -Nos criterios de avaliación para a segunda oportunidade manterase a puntuación obtida nas prácticas de laboratorio, supondo igualmente o 30 % da cualificación, mentres que o 70 % restante corresponderá á proba obxectiva, que será on-line a través de Moodle. -Para os alumnos con recoñecemento a tempo parcial e dispensa académica con exención de asistencia teranse en conta as metodoloxías máis idóneas para as necesidades específicas que requira cada alumno, sendo dirixidas e entregadas a través de Moodle. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios respecto da bibliografía recomendada. Os materiais de traballo que se necesitan para preparar a materia estarán dispoñibles no Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes