Guía DocenteCurso
Escola Universitaria Politécnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Eléctrica
 Asignaturas
  Ciencia de Materiais
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Ciencia de Materiais Código 770G02009
Titulación
Grao en Enxeñaría Eléctrica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Industrial
Coordinación
Garcia Diez, Ana Isabel
Correo electrónico
ana.gdiez@udc.es
Profesorado
Barbadillo Jove, Fernando
Camba Fabal, Carolina
Garcia Diez, Ana Isabel
Correo electrónico
fernando.barbadillo@udc.es
carolina.camba@udc.es
ana.gdiez@udc.es
Web
Descrición xeral Fundamentos da ciencia dos materiais. Estrutura cristalina, propiedades mecánicas, transformacións de fases e diagramas de equilibrio; materiais e os seus tratamentos: aliaxes férreas, aliaxes non férreas, cerámicos, polímeros e materiais compostos; outras propiedades dos materiais: propiedades eléctricas e magnéticas, propiedades térmicas e ópticas e resistencia ao desgaste e á corrosión; selección de materiais.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se modifican os contidos 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Mantéñense todas as metodoloxías docentes modificando unicamente o seu carácter presencial, excepto as que se comentan no apartado seguinte *Metodoloxías docentes que se modifican A realización das prácticas de laboratorio faranse preferentemente de xeito presencial, modificando, se ser preciso, a planificación das mesmas para adaptala ós períodos de presencialidade. No caso de non ser posible completalas deste xeito, substituiranse por outras actividades ou, de non ser posible, cancelaranse. A proba obxectiva, de ter que ser non presencial, deixará de ter dous partes (problemas e teoría), e constará dunha única parte que combinará preguntas de teoría curtas, e breves exercicios numéricos. A avaliación de prácticas e a defensa do traballo monográfico manteranse, pero de ser necesario realizarase en formato non presencial. A docencia expositiva prevista como Presencial, pasará a Non Presencial no caso de que os números de matrícula na materia non permitas garantir as medidas recollidas no Plano de Prevención do Centro. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Atenderase ó alumnado a través das vías institucionais, moodle, teams, correo electrónico e atención telefónica. Manteranse os horarios establecidos para as titorías e atenderase, por calquera das canles mencionadas, previa petición individual ou grupal do estudantado fora dese horario. 4. Modificacións na avaliación No caso de que a proba obxectiva teña carácter non presencial, non será necesario obter unha cualificación mínima entre a parte de teoría e de problemas, posto que a proba se unifica e terá unha única parte. No caso de non poder realizar/substituír ningunha sesión de prácticas de laboratorio, a cualificación asignada a esta actividade incrementará á correspondente aos traballos tutelados, pasando dun 15 a un 30 % da cualificación final. *Observacións de avaliación: As sesións prácticas en laboratorio que se manteñan serán de obrigada asistencia, e imprescindibles para poder aprobar a materia. A presentación e defensa do traballo monográfico será obrigatorio para poder superar a materia, independentemente que sexa presencial ou non. A non presentación de traballo e/ou non completar as prácticas de laboratorio obrigatorias que se manteñan implicará unha cualificación final de Non Presentado. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se modifica
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes