Guía DocenteCurso
Escola Universitaria Politécnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Eléctrica
 Asignaturas
  Ecuacións Diferenciais
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Cálculo/770G01001
Física I/770G01003
Alxebra/770G01006

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
  • Estudo diario dos contidos tratados nas sesións expositivas, complementados co curso virtual e a bibliografía recomendada.
  • Resolución tanto dos exercicios propostos nas sesións presenciais como doutros atopados na bibliografía recomendada.
  • Revisión periódica das prácticas de ordenador, para o que se dispón das aulas de Informática de libre acceso no centro.
  • Uso das horas de titoría do profesorado para resolver todo tipo de dúbidas sobre os contidos da materia.
  • A entrega en papel dos traballos que se realicen nesta materia será en impresións a dobre cara e non se empregarán plásticos.
  • Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnas e alumnos...)

  • Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade

  •  Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero eproporanse accións e medidas para corrixilas.

  • Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes