Guía DocenteCurso
Escola Universitaria Politécnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Eléctrica
 Asignaturas
  Fundamentos de Electricidade
   Atención personalizada
Metodoloxías
Proba obxectiva
Solución de problemas
Lecturas
Portafolios do alumno
Prácticas de laboratorio
Sesión maxistral
Descrición
Durante a sesión maxistral atenderanse as dúbidas no transcurso da clase ou se fose necesario emprazarase ao alumno a tutorías, sendo non presencial por mor do número de matriculados habilitarase foro temático de discusión.
As dúbidas que xurdan nas lecturas recomendadas poderán resolverse nas tutorías ou foros temáticos.
Durante a proba obxectiva, o profesor atenderá ao alumno que o chame no posto de exame do alumno.
Nas prácticas, a atención personalizada realizarase no transcurso das sesións, ben a iniciativa do alumno para aclarar e responder as súas dúbidas, ou ben a iniciativa do profesor co fin de mellorar o interese e actitude do alumno.
O caderno, portafolios do alumno, pediraa o profesor durante as clases, para ir vendo o avance na mesma e indicará ao alumno os apartados que debe mellorar para guialo e animalo. En cada entrega deberán estar como mínimo os exercicios do día anterior. Polo menos faranse dúas entregas. O alumno poderá consultar en tutorías as dúbidas que se lle expoñan ante as indicacións do profesor.
Atenderanse as dúbidas no transcurso da clase en grupo mediano para a solución de problemas, se fose necesario emprazarase ao alumno a tutorías.
No horario establecido polo profesor para as tutorías, o alumno que acuda a título individual poderá expor as dúbidas que lle xurdan no estudo da materia, ou no desenvolvemento da solución dun exercicio. O alumno que acuda á tutoría, deberá presentar o texto consultado obxecto de dúbida ou o desenvolvemento realizado na procura da solución do exercicio que “no sae”. Tamén o profesor poderá convocar persoalmente ao alumnado se así o estimase.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes