Guía DocenteCurso
Escola Universitaria Politécnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Eléctrica
 Asignaturas
  Fundamentos de Electricidade
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A15 B1 B4 B5 C5 C8 O 60% repártese en:

Un 20% que corresponde a unha proba obxectiva de tres items a realizar en clase de duración 30 minutos, tras a primeira entrega do portafolios.

O restante 40% corresponde:
Ao exame final (xa sexa o da convocatoria oficial de primeira oportunidade en xaneiro ou a convocatoria oficial de segunda oportunidade de Xullo) será de dez ou cinco Items: preguntas en forma de problemas curtos de varios conceptos. Para algúns Items proporanse varias respostas, onde só unha é posible. O alumno deberá xustificar a resposta elixida e porque descarta as restantes. Un ítem só pode valer un punto ou cero. O ítem ben xustificado conta un punto. Os mal xustificados ou sen xustificar non contan.
A duración do exame será de 2h (10 Items) ou 1h (5 Items), ampliable para o estudante que conte con adaptación á diversidade que estime tempo adicional establecido polo servizo ADI da UDC.
A puntuación obtida contribuirá á cualificación final nun 40%, a condición de que se superen o tres puntos sobre 10 nela, é dicir, alcáncese o sumando con porcentaxe xa aplicada de 1,2 puntos (30% do seu peso de 4 puntos como sumando).
En caso de non superar no exame final os tres puntos sobre dez, a cualificación final será “Suspenso” coa puntuación alcanzada nesta proba, independentemente da alcanzada nas outras dúas metodoloxías.
En caso de non presentarse a proba obxectiva de convocatoria oficial, exame final, a cualificación final será de “No presentado”.
60
Portafolios do alumno A15 B1 B4 B5 C5 C6 C7 C8 Cada exercicio deberá estar claramente separado do seguinte, ter o seu enunciado cos seus datos, esquemas e cuestións. No desenvolvemento da solución, as magnitudes empregadas, deben indicarse de forma clara no circuíto eléctrico e teranse en conta todas as anotacións teóricas de interese que o alumno recolla do indicado en clase. Valorarase a lectura por medio das respostas ás cuestións teóricas. A falta dalgún exercicio, o seu desenvolvemento ou a non entrega fará que o caderno non puntúe na entrega final. O profesor en calquera momento poderá pedir a entrega do caderno. A puntuación será, un sumando na nota final, con % do peso xa aplicado, de Mal (M) ou Non realizada (NR) (0), Regular (R) (1 punto) ou Ben (B) (1,5 puntos) ou Moi ben (MB) (2 puntos), contribuíndo por iso como xa se dixo á cualificación nun 20%.
20
Prácticas de laboratorio A15 B1 B5 C5 C6 C8 As sesións prácticas en laboratorio son de obrigada asistencia, imprescindibles para poder aprobar a materia. Tomásese nota da asistencia. A docencia de laboratorio é un complemento ás clases teóricas, nelas proporanse exercicios de aplicación da teoría. Valorarase a comprensión do traballo de laboratorio e a participación activa mediante preguntas ao alumno no transcurso das prácticas. Entregarase unha memoria final das prácticas realizadas. O seu peso de 20% repártese por igual entre o seis prácticas e hai que alcanzar en cada unha mínimo o 50% do seu peso.
A puntuación de cada práctica, xa aplicado a súa % de peso (sumandos en nota final), será de Mal (M) ou Non realizada (NR) (asignando 0 puntos), Superada (S) ( 0,167 puntos) ou Ben (B) (0,25) ou Moi ben (MB) (0,333). Puntuación só aplicable no curso académico en que se realicen ditas prácticas (convocatorias ordinaria-Xaneiro e extraordinaria-Xullo).
As prácticas superadas no curso anterior só son válidas "convalidables" durante o presente curso manténdose a súa puntuación transformándoa do 15% peso que tiñan ao 20% peso actual.
20
 
Observacións avaliación

Acualificación final darase cun decimal e será:

· Se na proba obxectiva final tres ou máis puntos sobre 10, a condición de que estean superadas as prácticas:

Puntuación do portafolio *0,20 puntuación das prácticas superadas (R, B ouMB)*0,20 puntuación proba obxectiva*0,40(se máis de tres puntos sobre 10) puntuación da proba obxectiva parcial*0,20 se a asistencia foi regular (superior ao 80%)ao longo do curso.

Para superar a materia nas convocatorias oficiais é necesario ter unha cualificación final de 5 sobre dez ou superior, na suma de todos estes sumandos.

· Se na proba obxectiva final menos de tres puntos:

Puntuación da proba obxectiva final.

· Se non se presenta á proba obxectiva final:

Non presentado

· Se non se superan as prácticas:

Puntuación nas prácticas se se realizaron, supérese ou non a proba obxectiva final, e senon se realizaron puntuación da proba obxectiva final conxa aplicado a súa porcentaxe de peso.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes