Guía DocenteCurso
Escola Universitaria Politécnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Eléctrica
 Asignaturas
  Máquinas Eléctricas
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación da asignatura onde se explica o contido da guía docente
Sesión maxistral Explicación de contidos por parte do profesor.
Solución de problemas Os alumnos resolven problemas de cálculo propostos polo profesor.
Portafolios do alumno Pode incluír:
-------------------------------------
Prácticas de Laboratorio:
Os alumnos encárganse de realizar as montaxes que se lles indican nos guiones de prácticas da asignatura e realizar con eles os ensaios indicados, respondendo ás cuestións que lles suscite o profesor de prácticas.

Saídas de campo:
Visitas a instalacións industriais relacionadas coas competencias de cada asignatura.

Eventos de carácter científico e/ou divulgativo
Conferencias ou clases invitadas impartidas por expertos ou a cargo de empresas colaboradoras relacionadas coas competencias de cada asignatura.

Talleres:
Xornadas de traballo para a presentación de instalacións, dispositivos ou ferramentas de traballo relacionadas co traballo industrial ou de campo en ámbitos relacionados coas competencias de cada asignatura.

Seminarios:
Presentación de temas específicos relacionados coa asignatura e discusión sobre os mesmos

Traballos tutelados:
Os alumnos realizan de forma autónoma, individualmente ou en grupos, seguindo as indicacións do profesor, os traballos propostos por este. Os traballos entregaranse utilizando os medios telemáticos dispoñibles na UDC.
Proba obxectiva Resposta a preguntas ou resolución de exercicios sen medios de consulta ou con medios de consulta restrinxidos, nun espazo de tempo concreto limitado.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes