Guía DocenteCurso
Escola Universitaria Politécnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Eléctrica
 Asignaturas
  Enxeñaría Gráfica
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral A materia impartirase en módulos teórico-prácticos de 1.5 horas.
Introduciranse os aspectos teóricos imprescindibles para fundamentar os contidos prácticos, que prevalecerán.
Prácticas de laboratorio O estudante traballará con programas de CAD desde o primeiro día, co obxectivo de afianzar a súa habilidade no debuxo asistido por computador, así como na elaboración e interpretación de planos.

Introdución á metodoloxía BIM (ARQ MEP)co programa REVIT
Traballos tutelados Co fin de preparar aos alumnos nunha aprendizaxe autónoma, proponse a realización de traballos, guiados sempre polo profesor.
Os obxectivos perseguidos son, entre outros, que o alumno:
Xestione, seleccione e sexa capaz de sintetizar a información que necesite.
Coñeza a normativa vixente que haberá de ter en conta no traballo profesional de enxeñaría.
Aplique os seus coñecementos teóricos á representación de pezas ou instalacións industriais
Desenvolver e potenciar nos estudantes habilidades de comunicación, procura de información, resolución de problemas.
Proba práctica A proba consistirá na resolución dun número determinado de problemas que reflictan as competencias adquiridas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes