Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Deseño Industrial
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Enxeñeiro Técnico en Deseño Industrial
 Competencias do título


Tipo A Código Competencias do título Específicas
  A1 Aplicar o coñecemento das diferentes áreas involucradas no Plano Formativo.
  A2 Capacidade de comprensión da dimensión social e histórica do Deseño Industrial, vehículo para a creatividade e a búsqueda de solucións novas e efectivas.
  A3 Necesidade dunha aprendizaxe permanente e continua (Life-long learning), e especialmente orientada cara os avances e os novos produtos do mercado.
  A4 Traballar de forma efectiva como individuo e como membro de equipos diversos e multidisciplinares.
  A5 Identificar, formular e resolver problemas de enxeñaría.
  A6 Comprensión das responsabilidades éticas e sociais derivadas da súa actividade profesional.
  A7 Formación amplia que posibilite a comprensión do impacto das solucións de enxeñaría nos contextos económico, medioambiental, social e global.
  A8 Capacidade para deseño, redacción e dirección de proxectos, en todas as súas diversidades e fases.
  A9 Capacidade de usar as técnicas, habilidades e ferramentas modernas para a práctica da enxeñaría.
  A10 Capacidade para efectuar decisións técnicas tendo en conta as súas repercusións ou costes económicos, de contratación, de organización ou xestión de proxectos.
Tipo B Código Competencias do título Básicas / Xerais
  B1 Capacidade de comunicación oral e escrita de maneira efectiva con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
  B2 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo para cuestionar a realidade, buscar e propoñer solucións innovadoras a nivel formal, funcional e técnico.
  B3 Aprender a aprender. Capacidade para comprender e detectar as dinámicas e os mecanismos que estruturan a aparición e a dinámica de novas tendencias.
  B4 Traballar de forma colaborativa. Coñecer as dinámicas de grupo e o traballo en equipo.
  B5 Resolver problemas de forma efectiva.
  B6 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
  B7 Capacidade de liderado e para a toma de decisións.
  B8 Traballar nun entorno internacional con respeto das diferencias culturais, lingüísticas, sociais e económicas.
  B9 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
  B10 Capacidade de organización e planificación.
  B11 Capacidade de análise e síntese.
Tipo C Código Competencias do título Transversais / Nucleares
  C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
  C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
  C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
  C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
  C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
  C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
  C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
  C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes