Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición nas clases presenciais dos contidos teóricos e prácticos da asignatura orientando ó alumno tanto na metodoloxía de traballo máis apropiada para a preparación do contenido da exposición como o material bibliográfico aconsellado.

O tempo adicado a cada un dos capítulos en que está dividida a materia será proporcional á súa extensión e o grado de dificultade para a súa preparación.

Para a preparación dos contenidos de menor dificultade de comprensión orientarase ó alumno sobre as fontes concretas máis apropiadas e sobre os aspectos máis relevantes para alcanzar os resultados da aprendizaxe establecidos para a asignatura.
Estudo de casos O profesor plantexará a análise de diferentes empresas reais enmarcando cada unha delas nos apartados correspondentes dos contenidos da asignatura.

Por medio de cada un dos casos, os estudiantes e o profesor involucranse no proceso de análise e discusión profundos acerca das circunstancias a que se enfrenta cada unha das empresas analizada.

O desenvolvemento dos estudios de casos servirá de referencia para a elaboración do traballo tutelado de carácter obligatorio.
Traballos tutelados O desenvolvemento do traballo tutelado requiere para a súa elaboración unha serie de etapas:
identificación da idea de negocio
Análise estratéxica en base a fontes documentais
Diseño de procesos estratéxicos
Planificación de accións
Traballo grupal e discusión en grupo por parte dos alumnos.
Exposición e defensa do caso.
Durante o curso cada grupo de traballo desenvolverá un traballo tutelado
Presentación oral O alumno intervirá de forma activa nas sesiones presenciais especialmente nas de carácter interactivo.

Igualmente, na sesión maxistral o alumno pode intervir, previa petición da palabra, para preguntar, aclarar ou expoñer o seu punto de vista sobre o tema que no momento da súa intervención se esteña tratando.

O traballo tutelado ha de ser defendido oralmente por todos os compoñentes do grupo responsable da súa elaboración.
Proba de resposta breve Consiste nun exame de respostas cortas, de tipo test (verdadero/falso), de resposta múltiple ou unha combinación delas.
Realizarase o día, hora e aula que figure no calendario oficial de exámenes fixado pola Xunta de Facultade.