Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno O portafolios debe incluir, cando menos:

- Apuntes e notas de clase.
- Resumos e esquemas dos materiais de estudo.
- Fichas das clases interactivas.
- Informe da recensión bibliográfica.
- Informe da investigación.
- Lecturas e actividades complementarias.

Deberá entregarse ó profesor ó finalizar o curso, como mais tarde unha semana antes da data oficial de examen da asignatura.
10
Proba mixta Para evaluar o grado de adquisición dos contidos da asignatura por parte dos alumnos, realizarase unha proba mixta que constará de tres partes:

- A: Test de 20 preguntas de resposta múltiple, con 4 alternativas de resposta, das que unha é correcta. A puntuación do test obterase mediante a fórmula
[nº acertos-(nº erros/nº alternativas-1)]/2
- B: Catro preguntas tipo resposta breve.
- C: Unha pregunta tipo ensaio.

A puntuación máxima en cada un destes apartados (A,B,C) será de 10 puntos.

Criterio de corrección: A puntuación final da proba mixta obterase mediante a fórmula (A+B+C)/3.

O tempo máximo para a realización da proba será de 90 minutos.

Celebrarase o día sinalado pola Xunta de Facultade.
60
Sesión maxistral Asistencia a clase, tanto ás sesións expositivas como interactivas.

A asistencia a clase computará para a calificación da asignatura sempre e cando o profesor estime que o comportamento e a actitude do alumno na clase correspóndanse co esperable nun estudante universitario: atención, interés, respeto, participación...

En tal caso, a valoración estará en relación directa co porcentaxe de asistencia, a cal medirase mediante a recollida de firmas na clase.
10
Recensión bilbiográfica Os alumnos deberán realizar unha recensión biliográfica dun libro, artigo ou tese relacionado cos contidos da asignatura.

O libro, artigo ou tese será elixido polo alumno co visto bo do profesor.
5
Presentación oral Os alumnos deberán realizar unha breve presentación oral ante seus compañeiros da súa recensión bilbiográfica.

As presentacións levaranse a cabo ao longo do curso nas sesións interactivas.
5
Investigación (Proxecto de investigación) Os alumnos, en parellas, deberán entrevistar a 5 traballadores co obxeto de analizar as opinións e experiencias de esos traballadores con respecto ós contidos da asignatura.

Os alumnos deberán acudir a unha sesión de tutoría co profesor para a revisión da estructura e o contido da entrevista.

A última clase interactiva do curso levarase a cabo unha posta en común entre todos os alumnos, polo que o informe da investigación deberase entregar ao profesor cando menos 48 horas antes.
10
 
Observacións avaliación

Contémplanse dúas modalidades de avaliación:


     - Modalidade A: Tal como se describe no apartado anterior.


     - Modalidade B: Para aqueles alumnos que por causas xustificadas non poidan asistir regularmente a clase:


                            - Proba mixta: 80%


                            - Recensión bibliográfica: 10%


                            - Investigación: 10%


Cada alumno deberá acollerse á modalidade de avaliación A ou B e firmar un contrato de avaliación o principio do curso.


A modalidade elexida será de aplicación para as convocatorias de Xuño e Xullo.


Os alumnos que obteñan unha calificación de Sobresaínte poderán optar a Matrícula de Honra. A proba para a súa obtención consistirá nunha entrevista co profesor na que o alumno deberá demostrar unha asimilación excelente dos contidos e competencias da asignatura.