Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio Resolución de problemas de carácter práctico e ilustración de aspectos teóricos coa axuda do programa de ordenador Matlab/Octave 10
Proba mixta Proba escrita que inclúe resolución de problemas e cuestións breves (referentes tanto a contidos teóricos como ás prácticas de ordenador) 70
Seminario Participación activa e traballo realizado na resolución de cuestións teóricas e problemas prácticos (de forma individual ou en grupos moi reducidos) 20
 
Observacións avaliación

A cualificación final da materia consta de tres partes:

  • a cualificación das prácticas de laboratorio: NP (entre 0 e 1)
  • a cualificación da proba mixta: NE (entre 0 e 7)
  • a cualificación dos seminarios: NS (entre 0 e 2)
  • A cualificación final será a suma de NP+NE+NS soamente no caso no que se cumpran as seguintes condicións:

  • as ausencias inxustificadas nos seminarios e nas prácticas de laboratorio non superen o 10%
  • a cualificación da proba mixta NE sexa maior que 2.45
  • Noutro caso, a cualificación final será a dada pola proba mixta NE. Tanto as cualificacións NP como NS conservaranse na segunda oportunidade de avaliación.