Código Competencias do título
A4 Coñecer algoritmos de resolución dos problemas e manexar o software axeitado.
A11 Adquirir destrezas na formulación e resolución de problemas cuantitativos.
A14 Soltura no manexo da teoría da probabilidade e as variables aleatorias.
B1 Ser capaz de identificar un problema da vida real.
B2 Dominar a terminoloxía científica-metodolóxica para comprender e interactuar con outros profesionais.
B3 Habilidade para traballar os aspectos metodolóxicos da investigación en colaboración con outros colegas a través do Campus Virtual co foro.
B4 Habilidade para realizar a análise estatística con ordenador.
B5 Escoller o deseño máis axeitado para responder á pregunta de investigación.
B6 Utilizar as técnicas estatísticas máis axeitadas para analizar os datos dunha investigación.
B7 Planificar, analizar e interpretar os resultados dunha investigación considerando tanto os aspectos teóricos coma os metodolóxicos.
B8 Habilidade de xestión administrativa do proceso dunha investigación.
B9 Comunicación e difusión dos resultados das investigacións.
B10 Lectura con xuízo crítico de artigos científicos dende unha perspectiva metodolóxica.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.