Datos Identificativos | 2014/15 | |||||||||||||
Asignatura | Didáctica. currículo e organización escolar | Código | 652600001 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Mediante as sesións maxistrais traballaranse os contidos que conforman o marco teórico-práctico a partir da exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento. Realizarase unha exposición xeral introdutoria de cada un dos distintos temas de que consta o programa, indicando os aspectos que o alumnado debe ampliar co seu traballo persoal, coas oportunas orientacións bibliográficas. |
Traballos tutelados | O alumnado, en pequeno grupo, deberá realizar a análise dun material curricular que esté actualmente en uso nun centro educativo de secundaria, bacharelato ou formación profesional. A relización do traballo de grupo iniciárasse na aula e será completado mediante o traballo autónomo do alumnado, atendendo ás indicacións que se proporcionarán a través da atención personalizada do profesor aos diferentes grupos, ben nas sesións interactivas, ben en titorías. Para a realización destes traballos tomaranse como referencia tanto os materiais básicos da materia así como outros complementarios, propostos polo alumnado ou a profesora. |
Análise de fontes documentais | As fontes documentais serán a base de referencia sobre o tratamento dos contidos que se abordarán en torno aos diferentes núcleos temáticos da materia. Utilizaranse documentos audiovisuais e bibliográficas relevantes sobre a materia con actividades específicas deseñadas para a análise dos mesmos. |
Lecturas | Establécense unha serie de lecturas obrigatorias dun conxunto de textos e documentación relacionadas coa materia que o alumnado terá que ler, discutir en pequeno grupo e grupo-aula e finalmente, de ser o caso, sintetizar de modo escrito. |
Proba mixta | A proba mixta constituirá unha actividade final da materia de carácter computable a través da cal o alumnado deberá dar resposta a unha ou varias cuestións interrelacionadas facendo un tratamento global e integrado dos coñecementos adquiridos, dacordo co conxunto de contidos abordados ao longo da materia. |