Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O profesor exporá oralmente con apoio de medios audiovisuais os contidos básicos da materia. Facilitará ao alumno esquemas, táboas e outro material que considere oportuno. Fomentarase o diálogo para a correcta compresión dos contidos, a resolución de dúbidas e fomento do sentido crítico.
Prácticas de laboratorio Prácticas de laboratorio dedicadas ao coñecemento da operación de reactores biolóxicos.
Saídas de campo Visita a algunha industria, que dispoñan dunha estación de tratamento de auga.
Proba obxectiva Realizarase unha proba para avaliar a adquisición dos coñecementos adquiridos.
Estudo de casos Estudarase algún caso concreto de contaminación e das tecnoloxías empregadas para eliminala.