Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A15 A16 A19 A20 A22 A23 B2 B3 B5 B7 C3 C6 C8 Resolveránse situacións típicas de comunicación e/ou manexo de equipamento de investigación
50
Proba mixta A20 A21 A22 A25 B2 B3 C3 C6 Avaliaránse a asimilación dos conceptos básicos teóricos e as habilidades adquiridas no control e manipulación de datos experimentais
50
 
Observacións avaliación

-Non se avaliará positivamente se nalgunha das dúas probas non se acada un mínimo de 3 puntos sobre 10

-A nota mínima de aprobado é de 5 sobre 10 no promedio ponderado

- Para ter en conta as cualificacions nas distintas actividades suxeitas a avaliación, é necesario obter a cualificación mínima indicada anteriormente en cada unha delas. Polo tanto, de non alcanzarse dita puntuación mínima nalgunha das actividades, ainda que a media sexa superior ou igual a 5 (sobre 10), a materia figurará como suspensa (4.5).

-Para a segunda oportunidade de avaliación no curso, poderáse conservar unha das dúas cualificacións (cun mínimo de 5 puntos sobre 10), pero non se conservará ningunha nota dun curso a outro. Nos seguintes cursos académicos o proceso de ensinanza-aprendizaxe,
incluida a avaliación, iníciase de novo, o que implica que o alumno
que non supere a materia neste curso deberá realizar todas as
actividades programadas para o novo curso.

-Recibirán a cualificación de "non presentado" aqueles alumnos que non asistan ás prácticas de laboratorio

-Para a superación da materia é imprescindible que o alumno participe tanto nas prácticas de laboratorio como na proba mixta.

-Os alumnos avaliados na segunda oportunidade só poderán optar a
matrícula de honra se o número máximo destas para o curso non se
esgotaron na primeira oportunidade.

Datas provisionais de exames:
-Primeira oportunidade: consultar datas aprobadas en Xunta de Facultade
-Segunda oportunidade: consultar datas aprobadas en Xunta de Facultade