Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Seminario A26 A27 B1 B2 B4 B5 B7 B10 B11 C3 Realización e valoración das tarefas encomendadas ao longo dos seminarios. Será obrigatorio por parte dos alumnos presentar, de forma presencial na aula, os resultados que obtiveron na realización das prácticas de laboratorio. 10
Sesión maxistral A1 A14 A15 A21 A25 A29 B12 C6 C8 Avalíase a través da proba mixta. 0
Prácticas de laboratorio A2 A9 A11 A13 A26 A30 A31 B6 Asistencia obrigatoria e avaliación do traballo do alumno durante o desenvolvemento das prácticas.
Na proba mixta tamén se formularán preguntas relacionadas directamente cos aspectos prácticos.
10
Proba mixta B3 B8 C1 Proba escrita acerca dos coñecementos adquiridos nas sesións maxistrais, as prácticas de laboratorio e os seminarios. 70
Estudo de casos B2 B5 B8 O alumno deberá resolver un suposto caso práctico que se lle formulará durante os seminarios. 10
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, en calquera das convocatorias ás que poida presentarse, o alumno deberá ter obtido un 5 sobre 10 na "proba mixta", realizar todas as tarefas que se consideran obrigatorias e obter nelas unha puntuación mínima dun 1 punto sobre un máximo 3.

No caso de non superar a materia en primeira opción, na segunda deberá superarse a parte non superada.

Para que un alumno sexa considerado NON PRESENTADO deberá ter os seguintes requisitos: non se presentar á proba mixta e non ter asistido á metade das sesións de prácticas.

Se o número de Matrículas de Honra que se poidan conceder se esgota na primeira opción, non poderá concederse ningunha na segunda opción aínda cando se obteña a máxima nota.