Datos Identificativos | 2015/16 | |||||||||||||
Asignatura | Ecoloxía: Ecoloxía I (individuos e ecosistemas) | Código | 610G02039 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba obxectiva | A1 A17 A20 A21 A24 A26 A30 B4 B6 B7 B8 B12 | Examen escrito de toda la materia: teoría, prácticas y seminarios (ver observaciones). | 100 |
Observacións avaliación | |||
Un único exame (de data marcada pola Xunta de Facultade) incluirá preguntas sobre as tres partes da materia: teoría, seminarios (S) e prácticas (P). O seu valor para a cualificación final será proporcional á súa contribución á planificación horaria: 60%, 20% e 20% (respectivamente). Para superar a materia é necesario superar simultáneamente todas e cada unha das tres partes; unha parte suspensa poderá ser compensada con outras se a súa cualificación é maior que 4/10.
A asistencia a S e P non é obrigatoria, pero quedará rexistrada. Os alumnos poden, de forma voluntaria, entregar no momento do exame unha libreta ou memoria en papel sobre o traballo desenvolvido en S e/ou P; o texto principal será manuscrito e o conxunto doadamente lexible. As devanditas memorias elaboraranse segundo guías dispoñibles no campus virtual (Moodle), e a súa cualificación (susceptible de exame oral individual) poderá contribuír a paliar posibles deficiencias na parte correspondente do exame. De acordo coa normativa vixente, en xeral as libretas S e P non se poderán recuperar ata o final do curso seguinte, polo que é recomendable quedar cunha copia do que se entrega. Non obstante, os alumnos que concorran á oportunidade de xullo poderán recuperar a libreta que tivesen podido presentar anteriormente para aproveitala, mellorala e volver entregala; de ser o caso indicaranse claramente os cambios introducidos na nova versión. Estas libretas pódense preparar por parellas ou grupos, pero non deben copiarse: son individuais (igual que os respectivos exames) e, polo tanto, deben recoller o traballo e o xeito de interpretalo de cada estudante. As libretas entregadas en 1ª soben nota e poden polo tanto facer compensable unha parte S ou P. As entregadas en 2ª non soben nota, pero poden facer compensable e/ou aprobar unha parte S ou P. A cualificación das libretas entregadas en 1ª oportunidade consérvase só para a 2ª. As dúas libretas (S e P) serán necesarias para obter unha cualificación de Matrícula de Honra. |