Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Nas sesións maxistrais exporanse os contidos teóricos do temario da materia facendo especial fincapé naqueles asuntos de máis difícil comprensión. Empregaranse tecnoloxías como a presentación eléctrónica, a folla de cálculo...
Estudo de casos Proporase ao alumnado unha colección de casos para que sexan resoltos de maneira individual ou en grupo. Para a resolución deberán empregar como ferramento básica a folla de cálculo. Esta metodoloxía forma parte da avaliación continua.
Proba mixta Esta proba consistirá nun conxunto de cuestións de formato diferente sobre os aspectos teóricos, exercicios prácticos e casos vistos durante o desenvolvemento da materia.
Solución de problemas Proporase ao alumnado unha colección de problemas para facilitar a comprensión dos conceptos expostos nas sesións maxistrais. Poderán ser obxecto de traballo persoal ou en grupo fóra da aula ou tamén poderanse resolver nas horas dedicadas á docencia interactiva individualmente ou en grupo. Esta metodoloxía forma parte da avaliación continua.