Estudo de casos |
|
Avaliarase a capacidade crítica de cada estudante, así como tamén a súa axeitada utilización dos recursos argumentativos. |
10 |
A avaliación será continua. Será necesario acudir, cando menos, ao 80% das sesións e entregar os traballos tutelados, que poderán consistir nunha breve recensión dunha publicación relacionada con cada un dos temas propostos, ou ben un traballo final, máis elaborado, que consistirá nunha recensión crítica dun libro ou publicación de complexidade equivalente. Quen opte pola modalidade semipresencial deberá comunicalo á profesora por e-mail ao comezo da impartición da materia. Neste caso esixirase unha asistencia de, como mínimo, o 40% e a elaboración de resumos ou reformulacións de materiais empregados na docencia. Se se requiren adaptacións por razón de discapacidade, deberá advertirse coa debida antelación. Requerirase documentación acreditativa. No caso de non superar o curso na primeira oportunidade, para a segunda aplicaranse os mesmos criterios de presencialidade, así como as entregas de traballos tutelados e, no seu caso, dos resumos e reformulacións de materiais.
|