Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Resumo O alumno ten que facer un resumo sobre un dos contidos do temario. 20
Traballos tutelados Cada alumno ten que facer un traballo final, cuxo tema se lle dará ao comezo do curso, e tamén as pautas para a súa elaboración e a bibliografía. 80
 
Observacións avaliación

As persoas matriculadas a tempo parcial e que solicitasen e obtivesen dispensa académica deberán entregar as actividades avaliábeis nas condicións e nos prazos específicos que se estabelecerán a tal efecto e que o/a profesor/a comunicará ao alumnado afectado no inicio do curso.

Os alumnos que non superen a asignatura na primeira convocatoria terán unha segunda oportunidade na que serán avaliados cos mesmos instrumentos que na primeira.