Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Consistirá na realización dun ensaio breve, cuxo tema e metodoloxía deberá ser previamente acordado coa profesora.
Seminario Nas sesións dedicadas ao seminario desenvolverase o traballo en grupo, centrado principalmente na análise e discusión a partir de lecturas e materiais que serán marcados e facilitados pola profesora.
Obradoiro Nestas sesións o conxunto do alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos da materia.
Contémplanse, entre outras actividades, a análise de fontes documentais, a resolución de problemas ou o emprego das TIC.

Presentación oral Exposición oral, na aula, do traballo tutelado.