Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Obradoiro Realizaranse obradoiros diversos na aula e os materiais elaborados nalguns deles serán obxeto de avaliación 20
Traballos tutelados Terase en conta a adecuación ás pautas marcadas (contido e presentación), aplicación dos coñecementos adquiridos, coherencia entre a proposta e o seu desenvolvemento, resolución de problemas, fontes e bibliografía utilizada.
60
Proba mixta En cada unha das oportunidades (final de cuadrimestre e xullo), realizarase unha proba mixta na que, a través de preguntas e exercicios varios, o alumno demostrará que acadou os coñecementos e competencias previstas.
20
 
Observacións avaliación

Só se aceptarán traballos e actividades que se entreguen nas datas
establecidas, en soporte de papel, e seguindo as pautas e as normas para a entrega de
traballos escritos que se precisarán en cada caso. Non se poderá aprobar
a materia sen cubrir todos os ámbitos da avaliación. Na segunda oportunidade (xullo), a data de entrega dos diferentes
traballos do alumno que se someterán a avaliación será o mesmo día que a
fixada oficialmente para o exame. O alumno con dispensa de asitencia a
clase recoñecida poderá ter asistencia personalizada para
a realización das diversas actividades durante o curso.