Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario Traballo participativo, de intercambio e debate, que xunto á asistencia, permite valorar o aproveitamento e evolución, a dinámica individual na aula e todo aquilo que implica aprendizaxe colaborativa e traballo en grupo.
40
Proba oral Proba oral final, concebida como a exposición dun traballo de carácter individual, avaliable, para demostrar os coñecementos e destrezas adquiridos no transcurso das aulas. Terá carácter público e será obxecto de debate na aula. 50
Sesión maxistral Con carácter xeral, aplicable ao resto das metodoloxías, a asistencia e a participación activa nas sesións será avaliable de maneira continuada. 10
 
Observacións avaliación

Por
esixencias do deseño desta aplicación, as anteriores porcentaxes son
orientativas. A cualificación final responderá ao seguinte reparto porcentual:

1.
O 50% da cualificación final obterase pola proba oral que cada estudante
realizará ao finalizar o curso. A proba consistirá na elaboración e posterior defensa na aula dun traballo orixinal, tutelado polo profesor. En todo caso, para aprobar a
materia deberase obter unha puntuación mínima de 4 sobre 10 nesta proba que,
como se ve, en ningún caso suporá o 100% da nota final. (Por exemplo, un 3 na
proba oral non se compensaría cunha suma de 7 polo resto de actividades e por
asistencia e participación.) A proba, de carácter público, forma parte das
actividades realizadas no curso.

2.
O 40% obterase pola realización de actividades concretas, debates e traballo en grupo durante o curso.

3.
O 10% restante corresponde á asistencia, participación e desempeño de cada
estudante no decorrer do curso. Observaranse o seu aproveitamento e evolución,
a súa dinámica na aula e todo aquilo que implica aprendizaxe colaborativa e
traballo en grupo.

4.
A cualificación final en cada unha das dúas convocatorias será froito dunha
avaliación semellante, mediante unha proba oral que reflicta as actividades
desenvolvidas no curso, xunto ao control de asistencia e de participación.

5.
É ineludible a realización da proba oral para obter cualificación, tamén no
caso de xullo. En canto ás actividades, a súa avaliación positiva será gardada
para a cualificación da convocatoria de segunda oportunidade, en xullo. Como se
deriva do anterior, é imprescindible a asistencia física ao curso para poder
computar as actividades prácticas.

6.
Non obstante o anterior, o alumnado a tempo parcial ou con dispensa académica
recoñecida deberá comunicar por escrito ao profesor a súa situación, coa
certificación correspondente, en canto comece o curso ou sexa efectiva a
matrícula. En cada caso estudaranse, dentro da normativa académica vixente, as
actividades alternativas que se determinen.

7. O
alumnado será avaliado e cualificado sempre que acuda á proba oral. Por tanto,
recibirán cualificación de Non Presentado (N. P.) aquelas persoas non presentadas
a esta proba.