Datos Identificativos | 2015/16 | |||||||||||||
Asignatura | Literatura española e hispanoamericana: Xéneros | Código | 613484011 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Optativa | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Traballos tutelados | Traballo tutelado pola profesora para promover a aprendizaxe autónoma. Desenvolverase de acordo coas pautas establecidas e axustarase as características formais marcadas. |
Lecturas | Ademáis dos textos de lectura obrigatoria (a Comedia e a Traxicomedia), a profesora indicará outras lecturas, obrigatorias ou recomendadas, para a asimilación correcta dos contenidos da materia. O alumno ha realizar con aproveitamento as lecturas e demostralo nas actividades que se leven a cabo nos obradoiros e no traballo tutelado. |
Obradoiro | Combinación de diversas metodoloxías e probas (exposicións, debates, solucións de problemas, discusión dirixida, prácticas guiadas, etc.) a través das cales o alumnado desenvolve tarefas co apoio e supervisión do profesorado. |
Proba mixta | A través de preguntas de distinto tipo e de exercicios varios (esta vez sen axuda de materiais nin do profesor), o alumno demostrará que acadou os coñecementos e competencias previstas. |
Actividades iniciais | Exame dos coñecementos previos relacionados coa materia. Actividades para coñecer as competencias, intereses e motivacións do alumnado. Preténdese obter información relevante que permita articular unha docencia que favoreza a aprendizaxe eficaz e significativa. |
Sesión maxistral | Nas sesións expositivas o ritmo da clase recaerá fundamentalmente no profesor, que tratará de introducir de maneira sintética as cuestións que o estudante debe ter en conta na práctica e unha aproximación teórica aos temas principais, con indicacións de recursos para adquirir os contidos e poder realizar os exercicios e as actividades. Procurarase que o alumnado se implique nestas sesións de forma participativa. |