Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Exame dos coñecementos previos relacionados coa materia. Actividades para coñecer as competencias, intereses e motivacións do alumnado. Preténdese obter información relevante que permita articular unha docencia que favoreza a aprendizaxe eficaz e significativa.
Obradoiro Combinación de diversas metodoloxías e probas (exposicións, debates, solucións de problemas, discusión dirixida, prácticas guiadas, etc.) a través das cales o alumnado desenvolve tarefas co apoio e supervisión do profesorado.
Sesión maxistral Nas sesións expositivas o ritmo da clase recaerá fundamentalmente no profesor, que tratará de introducir de maneira sintética as cuestións que o estudante debe ter en conta na práctica e unha aproximación teórica aos temas principais, con indicacións de recursos para adquirir os contidos e poder realizar os exercicios e as actividades. Procurarase que o alumnado se implique nestas sesións de forma participativa.
Lecturas Ademáis dos textos de lectura obrigatoria (bibliografía básica), a profesora indicará outras lecturas, obrigatorias ou recomendadas, para a asimilación correcta dos contenidos da materia. O alumno ha realizar con aproveitamento as lecturas e demostralo nas actividades que se leven a cabo nos obradoiros e no traballo tutelado.
Proba mixta A través de preguntas de distinto tipo e de exercicios varios (esta vez sen axuda de materiais nin do profesor), o alumno demostrará que acadou os coñecementos e competencias previstas.
Traballos tutelados Traballo tutelado polo profesor da materia para promover a aprendizaxe autónoma. Desenvolverase de acordo coas pautas establecidas e axustarase as características formais marcadas.