Metodoloxías Descrición
Presentación oral Presentación oral individual por parte de cada alumno e de cada alumna dun asunto relacionado cos contidos da materia e decidido entre a profesora e o/a estudante.
Lecturas Lectura obrigada dos textos literarios e dos textos críticos que a profesora indique na aula.
Actividades iniciais Presentación inicial da materia e dos materiais sobre os que deberá traballar o alumnado e sobre os que se desenvolverá o seminario.
Análise de fontes documentais Lectura e comentario de textos críticos, historiográficos, xornalísticos.
Seminario Traballo en grupo coa finalidade do estudo intensivo dun tema. Discusión, participación, elaboración de documentos e conclusións nas que se envolven todos os compoñentes do seminario.