A avaliación terá en conta a participación do alumnado no seminario (e a eventual entrega das conclusións por escrito) e nas sesións de análise de fontes documentais, integradas tamén no seminario, así como a presentación oral. Para poder levar a cabo con éxito estas tarefas, o/a estudante deberá realizar necesariamente as lecturas indicadas pola profesora. Quen non supere a materia no mes de xuño, terá unha segunda oportunidade para facelo no mes de xullo. Nesta segunda oportunidade, deberánse presentar/realizar as actividades non superadas ou non presentadas anteriormente, de acordo coas indicacións específicas que dará a profesora. Terá a cualificación de "non presentado" quen non realice a presentación oral ou quen non asista e participe, cando menos, no 50% das sesións presenciais.
O/a estudante que solicite e obteña dispensa académica terá condicións especiais de avaliación, entre elas a substitución da avaliación da actividade realizada na aula pola súa entrega por escrito ou pola realización dunha proba oral, nunha data que se establecerá tendo en conta a disponibilidade do/a estudante.
|