Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedementais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas.
Lecturas Será preciso realizar para cada sesión e nos prazos determinados as lecturas obrigatorias (as obras definidas como tales e os textos críticos complementarios), así como as necesarias para a realización dos traballos.
Análise de fontes documentais Comentario e análise de diferentes textos seleccionados seguindo a táboa de contidos da materia.
Presentación oral Exposición oral do estudo realizado por cada alumno(a) sobre unha obra seleccionada entre as que figuran na relación de Lecturas obrigatorias no Paso 8 desta Guía.