Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas A avaliación das lecturas obrigadas realizarase, por unha parte, durante as sesións de "Presentación oral" para aqueles alumnos (as) a quen corresponda o papel de público e, por outra, a través da participación nas actividades desenvolvidas nas aulas correspondentes.
40
Análise de fontes documentais A avaliación deste tipo de traballo será continua e realizada sobre a participación do(a) alumno(a) nas actividades na aula. 30
Presentación oral Na avaliación desta actividade terase en conta, ademais do contido, a clareza expositiva e a corrección lingúística. 30
 
Observacións avaliación
Todas as actividades deberán ser entregadas de acordo cos prazos e os procedementos fixados no início das sesións.
Terá a cualificación de "non presentado" quen non realice a presentación oral ou quen non asista e participe cando menos no 50% das sesións presenciais.

Os/as estudantes con dispensa académica terán condicións especiais de avaliación, entre elas a substitución da avaliación da actividade realizada na pola entrega da actividade por escrito ou pola realización dunha proba oral, nunha data que se establecerá tendo en conta a disponibilidade do/da estudante.

O alumnado que non teña superado a materia na convocatoria de xuño será avaliado seguindo os mesmos criterios na segunda convocatoria. Así, a avaliación da presentación oral e das lecturas obrigatorias realizarase no día e hora marcados como data oficial do exame da convocatoria de xullo.