Metodoloxías
Proba mixta
Lecturas
Solución de problemas
Obradoiro
Descrición
Fomentaranse as titorías para todas as metodoloxías que o requiran, como as actividades que precisen dunha fase de preparación e seguimiento. Así mesmo, atenderase aos alumnos ao longo de todo o curso para resolver dúbidas da materia, tanto para a primeira edición de actas como para a segunda. Finalmente, analizaranse tamén individualizadamente os resultados das actividades, probas...

As titorías poderanse levar a cabo persoalmente ou mediante correo electrónico. No primeiro caso, os alumnos acudirán ao despacho dos profesores no horario establecido que se fará público a principio de curso.

A atención personalizada aos alumnos levarase a cabo tamén nas sesións de grupo reducido, nas que o profesorado poderá supervisar individualmente o desenvolvemento das actividades por parte dos estudantes.

A posible atención a alumnos con necesidades especiais abordarase desde esta perspectiva de atención individual, ben en titorías, ben en clase. Si é preciso deseñaranse actividades especiais.