Datos Identificativos | 2015/16 | |||||||||||||
Asignatura | Literatura Española Medieval | Código | 613G01022 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Nas clases expositivas o ritmo da clase recaerá fundamentalmente na profesora, que tentará ofrecer panoramas xerais sobre as etapas da Idade Media e sobre os distintos ámbitos literarios. A exposición apoiarase sempre na lectura e análise dos textos literarios, e a intervención pertinente dos alumnos que o consideren. |
Proba mixta | Proba na que se busca que o alumno responda por escrito, de xeito completo e coherente, a preguntas de certa amplitude; valorarase a súa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.) e espírito crítico. Combinará a teoría e a praxe, de maneira que o estudante aplique as nocións teóricas adquiridas á análise de cuestións referidas aos textos de leitura. |
Obradoiro | Coa finalidade de aprofundar no estudio das obras, que han ser previamente lidas polos estudantes, combinaranse diversas metodoloxías e probas (exercicios de resumo, solución de problemas, prácticas guiadas, etc.). |
Traballos tutelados | Traballo tutelado pola profesora da asignatura para promover a aprendizaxe autónoma (versará sobre algún aspecto relacionado co programa). Desenvolverase de acordo coas pautas que se establezan no seu momento e axustarase ás características formais marcadas. |
Lecturas | As lecturas das obras literarias son o eixo sobre o que pivota esta materia, non so dos textos fundamentais que se estudan, senon tamén de artículos críticos e bibliografía complementaria. |
Actividades iniciais | Exame dos coñecementos previos relacionados coa materia. Actividades para coñecer as competencias, intereses e motivacións do alumnado. Preténdese obter información relevante que permita artellar unha docencia que favoreza a aprendizaxe eficaz e significativa. |