Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Sesión en que o profesor contextualiza e explica as metodoloxías e contidos necesarios para que o alumnado poda desenvolver o seu traballo posterior. A sesión maxistral ten carácter teórico e expositivo.
Prácticas a través de TIC Traballo colaborativo sobre recursos informáticos por medio da computadora persoal ou dos medios electrónicos dispoñibles na aula.
Proba práctica Proba final, de carácter individual, avaliable, para demostrar os coñecementos e destrezas adquiridos no transcurso das aulas.