Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A3 A5 A10 A11 A15 A16 A17 A18 B1 B3 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C3 C4 C6 C7 Levaranse a cabo distintas actividades en clase que serán tidas en conta na avaliación. A medida que se avance no dominio da técnica de comentario, os alumnos realizarán distintos exercicios propostos pola profesora, en colaboración ou individualmente, nos que deberán aplicar os coñecementos vistos nas sesións maxistrais, reflexionar sobre aspectos concretos (por escrito ou oralmente) que se sometan a discusión, elaborar textos escritos que resuman ou desenvolvan algún tema tratado en clase ou na bibliografía... Algunhas desas actividades requiren non so da participación do estudante no obradoiro, senon dun tiempo suplementario para elaborar os materiais cando teñan que entregarse (tempo contemplado nas horas non presenciais). 20
Proba mixta A1 A2 A3 A5 A10 A11 A15 A16 A17 A18 B1 B3 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C3 C4 C6 C7 Exercicio escrito realizado na aula de xeito individual no que o alumno comentará un ou máis textos (incidindo nos aspectos que se especifiquen) e resolverá problemas semellantes aos tratados nas horas presenciais e aplicando unha metodoloxía similar.
50
Traballos tutelados A1 A2 A3 A5 A10 A11 A14 A15 A16 A17 A18 B1 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C1 C3 C4 C6 C7 C8 Na data que a profesora estabeleza (en razón do avance dos contidos), o estudante deberá entregar un traballo escrito no que examinará en profundidade un ou máis textos (un texto contrastado con outros adscritos ao mesmo xénero, temática...; varios que desenvolvan un mismo motivo ou recurso, debidos a un mesmo autor...). Nunha primeira fase, o estudante presentará un esquema e os obxectivos que se propón; siguindo as suxerencias, anotacións e correccións da profesora, elaborará formalmente o traballo, que se aterá ás pautas fixadas. Valorarase a correcta presentación e a organización dos contidos, así como que o alumno demostre a comprensión das leituras levadas a cabo (da bibliografía primaria e secundaria), o seu dominio da técnica de comentario, a súa capacidade de reflexión crítica e os resultados ou aportacións do traballo mesmo. 30
 
Observacións avaliación

Só se aceptarán traballos e actividades que se entreguen na data establecida, en soporte de papel e siguindo as normas para a entrega de traballos escritos que se precisarán en cada caso. Non se poderá aprobar a materia sen acadar unha calificación mínima de 4 sobre 10 en cada un dos apartados; o estudante recibirá a cualificación "Non Presentado" no caso de que non se presente á proba mixta. Na segunda oportunidade (xullo), aplicarase o mesmo sistema de avaliación; no exame, que se celebrará na data oficial fixada pola Facultade, está previsto que, ademáis de
entregar o traballo tutelado e realizar a proba mixta, o alumno dea conta complementariamente do aprendido no obradoiro. Dase por suposta a asistencia a clase; aquel estudante que conte con dispensa académica recoñecida debe poñerse en contacto coa profesora ao inicio do curso para establecer o mecanismo de seguimento da súa aprendizaxe.

A expresión do estudante nas distintas probas, exercicios e actividades levadas a cabo debe ser a que corresponde a un estudante de cuarto curso do Grao de español (non so se tomará en conta, xa que logo, a corrección ortográfica e gramatical). No caso de que a expresión dos exercicios e traballos realizados fora da aula no estea en consonancia coa das probas e exercicios que o estudante realiza en clase baixo o control da profesora, tomarase como referencia para avaliar a expresión do alumno os escritos que este teña elaborado sen axuda externa.