Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Eventos científicos e/ou divulgativos A11 A14 B3 B5 B7 B8 C6 Valorarase a participación nestes eventos a través da realización de fichas que se entregarán ao profesorado. 5
Proba mixta A1 A2 A7 A9 A11 A14 A15 B3 B5 B6 B7 B10 C6 Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico, de análise de fontes, preguntas tipo test... A través da proba mixta, avaliarase o seguimento das sesións maxistrais, a realización das lecturas, etc.
Esta proba será única mais realizarase en dúas partes: a primeira no mes de febreiro, en data que se acordará nas aulas; a segunda, no mes de maio na data fixada oficialmente pola Facultade.
40
Análise de fontes documentais A1 A9 A11 A15 Lectura, análise e comentario de códices, textos e/ou paratextos (xornalísticos, narrativos, poéticos, dramáticos, públicos, privados, correspondencia...).
Cada estudante realizará varias destas actividades en forma de presentación oral na aula ao longo do curso; unha delas presentarase por escrito.
15
Seminario A11 A14 A15 B1 B3 B4 B7 B10 Valorarase a asistencia e a participación efectiva nas sesións desenvolvidas en forma de seminario. 10
Traballos tutelados A7 A9 A11 A14 A15 B1 B3 B5 B6 B7 B8 C6 Valorarase o traballo realizado segundo as indicacións e o acompañamento do profesorado, e a súa presentación oral na aula. 20
Recensión bilbiográfica A2 A4 A9 A11 A14 B1 B3 B5 B7 B9 C6 Recensión dun artigo de carácter académico. 10
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, tanto na primeira como na segunda oportunidade, a cualificación mínima da proba escrita deberá ser de 4 puntos sobre 10. Tendo en conta esta condición, a cualificación final da materia responderá á aplicación das porcentaxes recollidas no cadro anterior.

1. OPORTUNIDADE DE XULLO. Deberánse presentar/realizar as actividades avaliábeis non superadas ou non presentadas anteriormente.O alumnado que acadase a cualificación de aprobado na ponderación das actividades mais non obtivese un 4 na proba mixta, só deberá realizar a proba mixta.

2. NON PRESENTADO. Será considerado NON PRESENTADO/A o alumno quen non se presente a ningunha das partes da proba escrita.

3. DISPENSA ACADÉMICA. Quen teña dispensa académica terá condicións especiais de avaliación: 

1. Proba mixta (50%).

2. Análise de fontes (20 %), coa presentación dunha actividade por escrito e outra oralmente.

3. Traballo titorizado (20 %), que incluirá a presentación oral.

4. Recensión (10 % da avaliación).

Para fixar as datas das presentacións orais o alumnado deberá pórse en contacto coa profesora Teresa López (t.lopez@udc.es) antes do día 30 de setembro.

4. ALUMNADO REPETIDOR. 

O alumnado repetidor que non poida asistir ás aulas deberá comunicalo a través dun correo electrónico a t.lopez@udc.es antes do día 15 de setembro. Neste caso, o seu sistema de avaliación será similar ao do alumnado con dispensa académica.